Actividade

Ruta da Ventureira. Fragas do Eume

Descargar

Fotos de la ruta

Foto deRuta da Ventureira. Fragas do Eume Foto deRuta da Ventureira. Fragas do Eume Foto deRuta da Ventureira. Fragas do Eume

Autor

Estadísticas de la ruta

Distancia
7,45 km
Desnivel positivo
366 m
Dificultade técnica
Fácil
Desnivel negativo
366 m
Altitud máxima
210 m
TrailRank 
71 4,8
Altitud mínima
60 m
Trail type
Circular
Tempo
2 horas 40 minutos
Coordenadas
694
Fecha de subida
7 de noviembre de 2016
Fecha de realización
noviembre 2016
  • Valoración

  •   4,8 5 Valoraciones

preto de Capela, Galicia (España)

Vista 4594 veces, descargada 242 veces

Fotos de la ruta

Foto deRuta da Ventureira. Fragas do Eume Foto deRuta da Ventureira. Fragas do Eume Foto deRuta da Ventureira. Fragas do Eume

Descripción del itinerario

SENDERISMO: Senda da Ventureira
Ruta circular duns 7,5 km, sinalizada e ben doada de seguir, posto que apenas ten desnivel. Co chan moi mollado, situación ben frecuente, hai que andar con tino nalgúns treitos que poden ser algo escorregadizos, nomeadamente no tramo que vai da ponte de santa Cristina á central hidroeléctrica da Capela, co piso moi irregular e con bastantes pedras, raíces e pólas no camiño.

A ruta transcorre entre os concellos da Capela e Monfero. Por comodidade para aparcar moita xente decide iniciala onda a central da Capela. Nós realizamos o percorrido seguinte:
Ponte de santa Cristina
Central hidroléctrica de san Bartolomé (O Parrote)
Central hidroeléctrica da Capela
Antiga central da Ventureira
Mosteiro de san Xoán de Caaveiro

Os tres primeiros quilómetros son realmente fermosos, auténtica fraga atlántica con moita vexetación (carrizas, fentos, carballos e castiñeiros…). Camiñando sempre en sentido contrario ao do río, en algo menos de dous quilómetros chegamos á central do Parrote, onde o rego que lle dá nome une as súas augas coas do Eume. Trescentos metros antes pasamos unha pontella de pedra sobre o rego da Vaca que tamén verte no Eume. Deixamos a central cunha breve ascensión asfaltada da que nos desviamos axiña por unha pequena escaleira con pasos de madeira á nosa esquerda.

A uns 2,6 km do inicio chegamos á central hidroeléctrica da Capela, logo de pasar por unha fermosa ponte de madeira que chega a ser espectacular en épocas de moito caudal.

Abandonamos a central por unha cancela metálica que sempre está aberta e saímos á estrada que nos leva a unha ponte sobre o Eume dende a que vemos o edificio abandonado e comesto pola vexetación da antiga central da Ventureira, que dá nome á ruta. Paga a pena baixar por unhas escaleiras á nosa esquerda, onde remata a ponte, para achegarnos a ver unha interesante caída de auga que debe ser espectacular en tempo de moita chuvia.

Este é o punto de partida para moitos excursionistas, tanto pola accesibilidade e a facilidade para aparcar, como porque durante a Semana Santa e o verán non está permitido circular entre o Centro de Interpretación e a ponte de santa Cristina.

A seguir, a parte menos agradábel da ruta: unha pequena ascensión nun quilómetro insulso de asfalto. Seguimos subindo suavemente tras desviármonos para coller a pista á nosa esquerda e, logo doutro quilómetro non moi vistoso, pasamos o rego da Laxe noutra revolta do camiño. Soamente queda un quilómetro e medio escaso para chegarmos ao mosteiro de Caaveiro e xa podemos enxergalo entre as pólas das árbores. Despois dunha leve baixada aparece diante nosa o mosteiro. A súa orixinalidade e fermosura confírenllelas máis o contexto que a propia edificación, pero si que constitúe un engadido de valor para a ruta.

Sobre a historia do mosteiro de san Xoán de Caaveiro, o seu abandono e posterior rehabilitación para vivenda particular e a recuperación actual por parte da Deputación da Coruña, pódese consultar, por exemplo, a páxina do Concello da Capela: http://www.concellodacapela.es/paxinas/es/turismo/monasterio-de-caaveiro.php.

Para horarios de visita guiada ao mosteiro (todo o ano) e accesibilidade a esta zona das fragas do Eume en Semana Santa e durante os meses de verán, ademais da páxina anterior pódese consultar a web da Deputación da Coruña: https://www.dicoruna.es/patrimonio/mosterio-caaveiro/.

Antes de retornar ao punto de partida, podemos desviarnos uns metros nunha baixada dende o mosteiro até o río Sesín. Nós, por falta de tempo, decidimos completar a nosa andaina. Dende o mosteiro, en pouco máis de medio quilómetro de camiño descendente chegamos de novo á ponte de santa Cristina.

Puntos de interese

PictogramaPonte Altitude 108 m
Foto dePonte de santa Cristina. Aparcadoiro Foto dePonte de santa Cristina. Aparcadoiro Foto dePonte de santa Cristina. Aparcadoiro

Ponte de santa Cristina. Aparcadoiro

Ponte de santa Cristina. Aparcadoiro

PictogramaPonte Altitude 112 m
Foto dePontella. Rego da Vaca Foto dePontella. Rego da Vaca Foto dePontella. Rego da Vaca

Pontella. Rego da Vaca

Pontella. Rego da Vaca

PictogramaPonte Altitude 101 m
Foto dePonte de madeira. Central hidroléctrica do Parrote Foto dePonte de madeira. Central hidroléctrica do Parrote Foto dePonte de madeira. Central hidroléctrica do Parrote

Ponte de madeira. Central hidroléctrica do Parrote

Ponte de madeira. Central hidroléctrica do Parrote

PictogramaPonte Altitude 149 m
Foto dePontella Foto dePontella Foto dePontella

Pontella

Pontella

PictogramaWaypoint Altitude 112 m
Foto deCentral hidroeléctrica da Capela Foto deCentral hidroeléctrica da Capela

Central hidroeléctrica da Capela

Central hidroeléctrica da Capela

PictogramaPonte Altitude 127 m
Foto dePonte sobre o Eume (estrada) Foto dePonte sobre o Eume (estrada)

Ponte sobre o Eume (estrada)

Ponte sobre o Eume (estrada)

PictogramaFervenza Altitude 132 m
Foto deSalto da Ventureira. Central hidroeléctrica abandonada Foto deSalto da Ventureira. Central hidroeléctrica abandonada Foto deSalto da Ventureira. Central hidroeléctrica abandonada

Salto da Ventureira. Central hidroeléctrica abandonada

Salto da Ventureira. Central hidroeléctrica abandonada

Foto deMosteiro de Caaveiro Foto deMosteiro de Caaveiro Foto deMosteiro de Caaveiro

Mosteiro de Caaveiro

Mosteiro de Caaveiro

Comentarios  (8)

  • sefa-mp 20 ene 2018

    He realizado esta ruta  Ver más

    Un paisaje precioso!

  • Foto de Roberto71s
    Roberto71s 29 jul 2018

    He realizado esta ruta  Ver más

    Ruta fácil de seguir, aunque no está muy señalizada. Entorno muy bonito. Recomendable

  • Foto de Julio César Villamar
    Julio César Villamar 1 ene 2019

    Descripción muy currada. Acabo de ver la ruta en la aplicación de Wikiloc (la abrí y era la primera que aparecía!) y coincide que ayer he hecho el mismo recorrido, puedo decir que se describen muchos datos y nombres que la mayor parte no aparecen anunciados "sobre el terreno".

    Y tampoco hice la bajada por el río hasta el primer puente colgante, anochecía en el monasterio 😊

  • Foto de Xoanzinho
    Xoanzinho 3 ene 2019

    Moitas grazas, Julio César, pola valoración e polos teus comentarios.

  • achinesa 17 feb 2019

    He realizado esta ruta  Ver más

    Unha descrición ben precisa. Moitas grazas!

  • Foto de Xoanzinho
    Xoanzinho 17 feb 2019

    Moitas grazas a ti, achinesa, pola valoración e polo comentario.

  • Foto de tnozal
    tnozal 27 may 2019

    He realizado esta ruta  verificado  Ver más

    La ruta es muy fácil de seguir porque el recorrido está marcado por sendero y por indicaciones de carteles de rutas oficiales. Además, la descripción escrita hecha por Xoanzinho en su perfil, aclara en caso de dudas.
    Pondría un aviso para los senderistas que van con perro. Cuando se llega al monasterio no se puede hacer visita del mismo ni siquiera por fuera si vas con perro. Eso sí, puedes llegar a la zona donde está la cafetería y donde se retoma la ruta para volver al punto de partida, así que no plantea más problema que el hecho de no visitar el monasterio.

  • Foto de Xoanzinho
    Xoanzinho 27 may 2019

    Muchas gracias por tu valoración y por tus comentarios, buena información a mayores para quien haga la ruta con su perro 👍🏼

Si quieres, puedes o esta ruta