Actividade

Carballeira de San Lourenzo – Brandía

Descargar

Fotos de la ruta

Foto deCarballeira de San Lourenzo – Brandía Foto deCarballeira de San Lourenzo – Brandía Foto deCarballeira de San Lourenzo – Brandía

Autor

Estadísticas de la ruta

Distancia
3,45 km
Desnivel positivo
10 m
Dificultade técnica
Fácil
Desnivel negativo
81 m
Altitud máxima
232 m
TrailRank 
32
Altitud mínima
149 m
Trail type
Solo ida
Coordenadas
162
Fecha de subida
16 de septiembre de 2011
Fecha de realización
septiembre 2011
Compartir

preto de Santiago de Compostela, Galicia (España)

Vista 3064 veces, descargada 36 veces

Fotos de la ruta

Foto deCarballeira de San Lourenzo – Brandía Foto deCarballeira de San Lourenzo – Brandía Foto deCarballeira de San Lourenzo – Brandía

Descripción del itinerario

CARBALLEIRA DE SAN LOURENZO:
Este é o conxunto de árbores mais antigos de Santiago, xa que teñen unha idade estimada de mais de cen anos, miden mais de 18 metros de altura e encóntranse rexistrados no Catálogo de Árbores e Formacións Senlleiras de Galicia. Aquí pasou largos ratos Rosalía de Castro, inspirándose para os seus versos na beleza do conxunto, e a describiu en Follas Novas como ‘a robreda silenciosa’
No 1216 o bispo Martín Arias fundou aquí un pequeno eremitorio dedicado a San Lourenzo, terreo que no século XV era propiedade dos Condes de Altamira. Estes decidiron doar a zona que hoxe é a Alameda aos cidadáns compostelanos, e ceder en usufruto a zona de San Lourenzo aos franciscanos.
A igrexa é un edificio de estilo barroco que aínda conserva algúns restos románicos nos tramos da nave e no pórtico de entrada. No seu claustro alberga un xardín con sebes de buxo do século XVII, dos mais antigos de España, podados en formas simbólicas.
Declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, neste mosteiro estivo retirado uns días da Semana Santa do 1520 o emperador Carlos V.

CAMIÑO DE FISTERRA:
Este Camiño, xa descrito no século XII no Códice Calixtino, é o único que non ten como destino final Compostela, senón que sae dela cara a Fin do Mundo. Arranca do Obradoiro cara San Lourenzo, onde atopamos o primeiro indicador da ruta, coa vieira amarela. E despois atravesa o río polo Sarela de Abaixo, o último punto da ruta dende onde se poden ver as torres da Catedral.
A Costa da Morte está vinculada coa tradición xacobea xa que os discípulos de Santiago viaxaron a Fisterra buscando a autorización dun legado romano para enterrar ao Apóstolo en Compostela e alí foron encarcerados. Lograron fuxir e, a piques de ser alcanzados, cruzaron unha ponte que se derrubou ao paso da tropa romana que os perseguía.
Tamén Muxía vinculase co Apóstolo no santuario da Virxe da Barca, xa que segundo a tradición a Virxe acudiu nunha barca de pedra para darlle ánimos a Santiago na súa predicación. As pedras do lugar serían por tanto os restos da embarcación (destaca a Pedra de Abalar) polo que probablemente a tradición derivaría doutros ritos pagáns anteriores relacionados cos cultos litolátricos.
CURTIDURÍA DA RIBEIRA DE SAN LOURENZO OU DE PONTE SARELA (1790-1959)
O Gremio da Zapatería era un dos maiores na Idade Moderna en Santiago, e os seus oficios, incluído o curtido, gozaban dunha importante tradición na cidade. O cambio do sistema gremial á iniciativa privada deuse xa na década de 1780, cando se estableceron as primeiras tenerías ou fábricas de coiro particulares, organizadas sobre unha base xa capitalista, situadas á marxe de calquera gremio e que elaboran principalmente sola para calzado.
A creación da terceira curtiduría de Santiago marca o comezo da eclosión do curtido local, cando en 1790 Antonio Espino funda a tenería da Ribeira de San Lourenzo. Continuarán establecéndose moitas delas na redonda da cidade, situándose nas beiras dos regos, do Sar e, sobre todo, do Sarela, popularmente coñecido como Río dos Sapos.
Normalmente as tenerías eran de pedra, con píos recubertos de cantería, amplos sequeiros e as casas de habitación dos propietarios eran de boa factura. Os fabricantes traballan varios tippos de coiro, sobre todo a sola e o becerro, que tiñan como materia prima a pel do vacún, vendíase a través de arrieiros que a transportaban a Castela e Madrid, e os barcos que saían de Carril cara aos portos andaluces de Málaga e Cádiz.

O RÍO SARELA:
Din que entre o Sar e o Sarela está Compostela. O río Sar acompaña a cidade polo leste mentres que o río Sarela, duns 10 kilómetros de lonxitude, a bordea polo oeste, e ambos únense na zona do Chouciño, onde o Sar continúa ata chegar a Padrón, onde se funde co río Ulla.
O río Sarela nace nas abas do monte Pedroso, pola banda da Peregrina, e segue polo Romaño cara Galeras e Vidán. É un río que cumpriu un papel fundamental no desenvolvemento da zona pola que transcorre, xa que grazas a el está provista de auga para uso agrario, doméstico ou industrial, ademais o río promove a proliferación de abundantes muíños e fábricas de coiro nas súas beiras. Tamén abasteceu de pesca á poboación e serviu para os xogos e o baño.
Debido a todos estes uso que os compostelanos fixeron del, o río sufriu moitas modificacións coa desviación das súas augas para levalas aos muíños, a construción de pontes e camiños a través do seu caule, e a ocupación das beiras con muros de vivendas e outras estruturas.

AMENEIRO, AMIEIRO (ALNUS GLUTINOSA)
Chamados fearn polos celtas, os ameneiros pertencen á familia das Betuláceas; á mesma familia pertencen a abeleira, do que se diferenza polos froitos, e o bidueiro. Distribuídos por todo o mundo, precisan moita humidade polo que viven asociados aos cursos fluviais no bosque de ribeira, acompañados polo freixo, o salgueiro, a silva e os fieitos.
Presentan follas ovadas, de borde dentado e sen rematar en punta, que permanecen verdes ata a súa caída no outono. As follas novas e os brotes son moi pegañentos, ao estar dotados de características glándulas resinosas que lle dan o nome de ‘glutinosa’ á árbore.
As flores son en forma de amentos, alargadas as masculinas e cortas as femeninas, ambas na mesma planta. As flores saen antes que as follas. Os froitos son pequenas piñas que permanecen na árbore todo o inverno.
Ten as raíces moi estendidas e ramificadas, o que lle permite resistir avenidas e riadas. Nelas ten uns nódulos cun fungo simbiótico (Actinomyces alni) que fixa o nitróxeno atmosférico, polo que necesita telas embebidas en auga, tolerando o encharcamento sempre que haxa renovación de auga corrente.
A madeira é branca e lixeira, e ao cortala enroxece (a causa dos taninos que contén) polo que en moitos países de Europa críase que a árbore estaba embruxada. Resiste ben a humidade e non podrece facilmente dentro da auga, polo que era usada pola súa doada talla para facer zocas e os cimentos dos edificios de Venecia están feitos con esta madeira, así como moitas pontes e muíños galegos. O carbón vexetal producido da súa madeira empregouse na fabricación de pólvora.

Puntos de interese

PictogramaWaypoint Altitude 0 m

Chegada á Papeleira de Brandía

Chegada á Papeleira de Brandía

PictogramaWaypoint Altitude 0 m

Saída da rúa de San Lourenzo

Saída da rúa de San Lourenzo

PictogramaWaypoint Altitude 0 m

Carballeira de San Lourenzo

Carballeira de San Lourenzo

PictogramaWaypoint Altitude 0 m

Camiño de Fisterra

Camiño de Fisterra

PictogramaWaypoint Altitude 0 m

Curtiduría da Ribeira de San Lourenzo

Curtiduría da Ribeira de San Lourenzo

PictogramaWaypoint Altitude 0 m

Río Sarela

Río Sarela

PictogramaWaypoint Altitude 0 m

Ameneiros (Alnus glutinosa)

Ameneiros (Alnus glutinosa)

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta