Actividade

Da Coruña ata Xalo por Folgueira, alto de Santa Leocadia e volta polo alto de Mesoiro

Descargar

Fotos de la ruta

Foto deDa Coruña ata Xalo por Folgueira, alto de Santa Leocadia e volta polo alto de Mesoiro Foto deDa Coruña ata Xalo por Folgueira, alto de Santa Leocadia e volta polo alto de Mesoiro Foto deDa Coruña ata Xalo por Folgueira, alto de Santa Leocadia e volta polo alto de Mesoiro

Autor

Estadísticas de la ruta

Distancia
62,26 km
Desnivel positivo
1.138 m
Dificultade técnica
Moderado
Desnivel negativo
1.138 m
Altitud máxima
512 m
TrailRank 
30
Altitud mínima
6 m
Trail type
Circular
Tempo
4 horas 41 minutos
Coordenadas
2484
Fecha de subida
6 de septiembre de 2020
Fecha de realización
septiembre 2020
Sé el primero en aplaudir
Compartir

preto de Visma, Galicia (España)

Vista 102 veces, descargada 3 veces

Fotos de la ruta

Foto deDa Coruña ata Xalo por Folgueira, alto de Santa Leocadia e volta polo alto de Mesoiro Foto deDa Coruña ata Xalo por Folgueira, alto de Santa Leocadia e volta polo alto de Mesoiro Foto deDa Coruña ata Xalo por Folgueira, alto de Santa Leocadia e volta polo alto de Mesoiro

Descripción del itinerario

Unha ruta moi típica do ciclismo coruñés, a subida ao Xalo, o monte máis alto da contorna, co engadido dos montes de Santa Leocadia e de Mesoiro. Desta volta propuxemos unha ruta moi de cross country, facendo as subidas por estrada e as baixadas por pistas de terra para darlle tamén un sabor técnico.

A saída de Coruña fíxemola pola pasaxe e o paseo do Burgo. Pasada a Telva, collemos en Sigrás o camiño inglés de Santiago, para aproveitar as indicacións. Algo antes de chegar a Tabeaio separámonos do camiño inglés e imos en dirección de Folgueira, a aldea que queda xusto na base do Xalo. Desde Tabeaio pódese subir ata o Xalo por diversas pistas, mais nesta ocasión quixemos facelo por estrada, a versión máis sinxela. Con todo, o último kilómetro e medio ata as antenas é por pista de terra, cómoda, pero para que non se diga que foi todo asfalto.

Sacadas as fotos no alto do Xalo, seguimos camiño. A idea era crestear o máximo posible para non perder moita altura, dirección a Santa Leocadia. Escollimos unha pista moi divertida, con certa técnica, que chega ata a aldea de Martiñán. Pasada esta aldea collemos un anaco da estrada de servizo da AC523, que se cruza un pouco máis adiante. Pasamos a aldea de Vista Alegre e collemos unha pista que de novo con bastante pendente, aínda que curta, que sube ata o alto e desde onde chegas ata Santa Leocadia. Fixemos tamén unha pequena parada nun mirador desde onde hai boas vistas do val de Arteixo.

Desde Santa Leocadia fomos buscar a pista que nunha costa abaixo moi forte chega ata o Foxo. En lugar de ir dirección Arteixo e volver pegados á costa, decidimos remontar un pouco o val de Arteixo, cruzar polas pistas técnicas de Martulo e subir por Santa Icía ata Mesoiro. Queriamos acumular algo máis de desnivel e sempre é divertido facer as pistas que hai nesta zona, ben coñecidas. En Mesoiro aproveitamos a comer algo, coa ruta xa case rematada, e voltar a Coruña.

Unha ruta moi bonita, que se roda bastante ben porque as subidas fortes están escollidas polas variantes con mellor piso, pero que se goza sobre todo nas baixadas. Con todo, non é fácil xa que ao final o acumulado de desnivel e os km pesan nas pernas, non é para principiantes.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta