Roteiro Cultural Cachamuíña-Lamela
cerca de Pereiro de Aguiar, Galicia (España)
Vista 1135 veces, descargada 8 veces
Fotos de la ruta
Descripción del itinerario
Descubre a historia do Concello de Pereiro de Aguiar, as súas xentes e o Ben de Interese Cultural máis senlleiro do municipio con este pequeno paseo polos núcleos de Cachamuíña e Lamela.
o A aldea do heroe | Cachamuíña
Neste pequeno pobo naceu e morreu un dos nomes máis coñecidos da historia da cidade de Vigo: Bernardo González del Valle, alcumado por todos co nome do seu propio pobo (Cachamuíña). Este militar pasaría á historia ao botar abaixo no ano 1809 a Porta de Gamboa da cidade olívica e recuperar a praza daquela ocupada polos franceses. Sería un episodio máis dunha longa Guerra da Independencia contra o dominio francés na Península Ibérica, mais, porén, sería o derradeiro capítulo do noso veciño ao resultar gravemente ferido. Abandonando pouco tempo despois a milicia e retirándose a súa benquerida aldea natal onde morrería décadas máis tarde.
o As construcións nobres | Lamela
No núcleo de Lamela encóntranse dous dos mellores exemplos de arquitectura civil señorial da provincia de Ourense:
• O Pazo de Casa Blanca, do que destaca a súa torre almenada, construído entre os séculos XVI e XVII dispoñendo os diferentes andares da casa, e o propio emprazamento da torre, de forma gradual para adaptarse á pendente do terreo.
• A Torre Lamela, de construción próxima ao século XVIII, na que aínda é visible unha fiestra de tradición gótica actualmente tapiada e unha monumental cheminea de cociña decorada no tiro exterior.

Puntos de interés
Waypoint
325 m
Aparcamento - punto de información
Waypoint
358 m
Bernardo González del Valle, Cachamuíña
Waypoint
379 m
Punto de información
Waypoint
380 m
Punto de información
Waypoint
381 m
Capela San Caetano
Waypoint
392 m
Pazo Casa Blanca
Waypoint
398 m
BIC - Torre Lamela
Si quieres, puedes dejar un comentario o valorar esta ruta
Comentarios